EU CONCILIO

Este era o hastag do Clube das Malas Nais para reivindicar a necesidade que temos as familias de que se tomen medidas en favor da conciliación real entre o mundo laboral e familiar. Este ano durante os días 1 e 2 de setembro o grupo Madres sí pero guerreras también propónnos que a conciliación chegue ao trending topic.

Hoxe segue a ser unha utopía. Actualmente a conciliación pasa por renuncias. Renuncias das nais (e algún pai) ao seu traballo. Ou ben, renuncias a pasar tempo coas nosas crianzas, deixándoas no mellor dos casos con familiares (moitas avoas e avós pasan por unha xornada laboral de coidados cando terían que coidarse a si mesm@s) ou en garderías (ágora escolas infantís).

Pero sexamos claras iso non é conciliar. Iso é renunciar (podedes ler o artigo de Nohemí Hervada para profundizar no tema: “Las renuncias de las madres”) e nós querémolo todo.

Queremos medidas reais que nos axuden.

Queremos baixas maternais e paternais que abraguan os primeiros anos d@s nos@s cativ@s.

Queremos poder asumir responsabilidades nos nosos postos de traballo, pero poder salir das nosas oficinas ou empresas antes do solpor.

Queremos poder levar bebés con nós se non existe perigo para el@s.

Queremos que as inspeccións de traballo fagan a súa laboura.

Queremos que as empresas que castigan as maternidades e paternidades pechen se non cambian.

Queremos que o Estado vele polos intereses das crianzas.

Queremos facilidades para denunciar e un sistema xudicial áxil.

Queremos un mundo máis xusto, saudable e empático.

Esta é a nosa loita. Esta é a nosa reivindicación. Imos cambiar o mundo. Este é outro paso máis.

Imos facelo posible!

#familiasloitando #madressiperoguerrerastambien #somosguerreiras

#ConciliemosUnMundoMejor

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s